lunes, 3 de julio de 2023

Cronica

Outro domingo mais os de Paso Miúdo saímos a camiñar para seguir co Camiño do Cantábrico. Saímos dende a escola de Nois xa no limite coa parroquia de Cangas que está situada no extremo noroccidental do concello de Foz cunha superficie de 9,25 km². , O territorio parroquial sitúase no val inferior do río Moucide que desemboca no Cantábrico o cal cruzamos por unha ponte de madeira , na zona denominada Riosmar. .

Aínda que situada no concello de Foz, a vida socioeconómica da súa poboación está moi ligada á vila de Burela. As tradicionais ocupacións agrogandeiras deron paso nos últimos anos a unha base económica máis diversificada, estando moitos dos seus habitantes empregados no sector terciario.

Unha vez pasadas as Praias da Area da Fame, Praia dos Xuncos e Riosmar chegamos ata a igrexa de San Pedro de Cangas situada nun promontorio rochoso, ao mesmo borde do mar, dise que tiveron un forte os fenicios e máis tarde os celtas. Alí foi elevada no século XIII a igrexa de San Pedro e sobre ela o actual templo, entrado xa o século XVII.

Logo de pasar a praia da Areoura e O Cantiño chegamos a Burela, un concello da Provincia de Lugo dende o ano 1994 , Debido á gran demanda de persoal para traballar no mar, é un concello multicultural, xa que actualmente residen nel comunidades de Caboverdianos (establecidos desde hai anos) e recentemente incrementouse a chegada de Suramericanos e Filipinos. É o segundo concello máis poboado da comarca, en Burela comeza a rasa cantábrica, superficie chá situada entre o mar e os contrafortes montañosos, orixinando un tipo de costa lineal de longas praias formadas aos pés dos cantís e separadas a miúdo por farallóns.

A historia de Burela remóntase aos tempos prerromanos. Os restos máis antigos de poboacións achados na zona corresponden ao Castro de Burela situado na parte extrema do cabo. Foron os habitantes destes castros, a poboación castrexa, a que deixou un dos emblemas do concello, o Torques, que actualmente se atopa no museo Provincial de Lugo, e que forma parte do escudo de Burela.

Cerca do porto de Burela, durante a construción da lonxa nova, atopáronse restos dun hipocausto romano, datado inicialmente entre os séculos II e III, preto dos restos castrexos atópase un vilaris e unha vila romana. Este pequeno asentamento vai dar orixe a unha freguesía rural que se erixe en parroquia baixo a protección de Santa María no 1250, e pertencendo á diocese de San Martiño de Mondoñedo.

Burela estivo baixo xurisdición da igrexa ata que en 1593 Felipe II incorpora á Coroa Real a xurisdición do coto redondo de Santa María de Burela e concede unha carta privilexio a favor do bispo de Mondoñedo.

Coa Constitución das Cortes de Cádiz (1812) acabaronse as antigas xurisdicións e señorías e xurdiron os novos concellos. Nunha lista de novos concellos publicados en 1835 aparecen os concellos de San Cibrao e o de Nois, pertencendo a parroquia de Burela a este último. Estes dous concellos tan só duraron 5 anos.

En 1840 produciuse unha reforma da división xudicial e municipal da provincia de Lugo que estableceu o concello de Cervo, ao que pasou a pertencer a parroquia de Burela. A capital do concello quedou establecida en Cervo.

Tramitouse varias veces o expediente para cambiar o nome do concello de Cervo polo Concello de Burela, sen resultado. Finalmente, en 1994 a localidade de Burela separouse de Cervo, constituíndose en concello.

O sector pesqueiro ten o seu máximo expoñente no porto de Burela, o máis importante de todo o Mar Cantábrico. As especies máis importantes neste porto son: A pescada, que supón o 50 % da facturación da lonxa, o bonito, sendo Burela o porto boniteiro máis importante do Cantábrico e, en menor medida, outras especies do cerco ou arrastre como a xarda, xurelo, sardiña etc. Ao amparo da pesca xeráronse ao redor de 4.476 postos de traballo cunha frota diversificada en palangre artesanal,arrastre litoral e boniteira.

O sector secundario atópase representado polas industrias de transformación da madeira, as cerámicas, as fábricas de xeo, os talleres gráficos e mecánicos, os estaleiros e os postos relacionados coa próxima Alcoa de San Cibrao, ademais do crecemento do subsector construtivo, en auxe polo desenvolvemento económico e turístico en todo o municipio.

O sector terciario, en auxe nos últimos anos, alcanzou un gran desenvolvemento como consecuencia do "boom" demográfico, económico e turístico. É destacábel a existencia do Hospital da Costa, xa que xera un gran número de empregos e presta un servizo básico para A Mariña.

Saimos de Burela polo paseo que hai pegado ao mar pasando a praia urbana seguimos por el e pasamos as praias do Cabaliño, a do Reliño, A Marosa

Seguindo pola senda xunto ao mar chegamos a Rueta que é un lugar da parroquia de Cervo o cal segundo o Instituto Galego de Estadística en 2017 tiña doce habitantes (oito homes e catro mulleres). Está formado por tres pequenos grupos de poboación: Fontao, Picouce e a Ría.

Situada nun lugar salvaxe e non urbanizado. Nela desemboca o Río Xunco tras atravesar o término municipal de un extremo ao outro. Neste punto un pódese encontrar con diferentes especies de aves, a garza real unha das que máis chama a atención pola sua grande envergadura.

A desembocadura do río Xunco forma a praia de Rueta, A peculiaridade desta praia ademais da area branca e o oleaxe tranquilo e a ponte do FEVE que a cruza de lado a lado outorgándolle os seus viaxeiros unha excelente visión deste rincón tan máxico. A vía do tren está en activo pero pasa de maneira pouco regular

E ata aquí chegamos, para o mes de setembro, despois dos meses de calor retomaremos de novo o Camiño do Cantábrico



Powered by Wikiloc